• NUESTROS PATROCINADORES Y COLABORADORES

PATROCINADORES Y COLABORADORES

PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL DESARROLLADO DENTRO DEL MARCO DEL FONDO SOCIAL EUROPEO
OPERACIÓN COFINANCIADA POR:

A secretaria xeral de Emprego en data 01/10/2019 ditou resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.5, polo importe de 29.611,68 euros á entidade ASOCIACIÓN GALEGA SAN FRANCISCO, equivalente aos custos salariais das persoas traballadoras contratadas, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultantes da contratación de 3 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “Mellora da calidade do servizo de atención a persoas con discapacidade intelectual” segundo as desagregacións que figuran no anexo a esta notificación.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

O obxectivo do Programa que se está a levar a cabo é a Mellora da Calidade do Servizo que se ven prestando nos Centros de Atención Especializada da Entidade da Avenida Europa, 94 e a Rúa Tomás Paredes, 48 e no Centro de Día da Rúa Cangas, 14, incrementando os apoios prestados ás persoas grandes dependentes que se atenden nos mesmos e aumentando a cantidade de actividades que se desenvolven con obxecto de mellorar o seu benestar.

Obxectivos e Resultados agardados para as persoas contratadas

Obxectivo 1 - Mellora da empregabilidade dos traballadores seleccionados

Resultado Esperado 1.1 - Acceso ao mercado laboral e creación dun currículo profesional ademais do formativo

Resultado Esperado 1.2 - Dada a duración do contrato, a persoa contratada adquire un bagaxe no sector que lle permitirá, de cara ao futuro, reorientar a súa carreira profesional en caso de que a experiencia non sexa satisfactoria, ao profundar na formación dentro deste sector

Resultado Esperado 1.3 - Dentro do conxunto de persoas que se contratan a través desta subvención, é frecuente que algunhas sexan contratadas pola entidade unha vez finalizado o contrato subvencionado. É para AGASFRA un signo de éxito no proxecto que se de esta situación.

 

Obxectivo 2 - Adquisición de experiencia profesional

Resultado Esperado 2.1 - A través dos meses que dura o contrato, prodúcese un coñecemento das situacións reais no posto de traballo e dos procedementos relacionados con el que sobrepasan as tarefas propias do seu posto (coñecemento de dereitos e deberes, tratamento que reciben os seus datos, situación fiscal…)

Resultado Esperado 2.2 - A persoa adquire o coñecemento da súa profesión desenvolvéndoa dentro dunha organización estable, e conxuntamente cun equipo de profesionais con gran experiencia, o que facilita a aprendizaxe

ÚLTIMAS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

AGASFRA, Asociación Galega San Francisco pertenede a:

© 2016 ASOCIACIÓN SAN FRANCISCO VIGO. Todos los derechos reservados Administración | Aviso Legal | Mapa Web